Vigo al día

Adeus ríos, adeus pontes

 

Dous operarios traballan na retirada das pontes de madeira do Lagares
Dous operarios traballan na retirada das pontes de madeira do Lagares

Xa non hai risco de que alguén acabe no río. Esta mañá operarios do Concello retiraron as dúas pontes de madeira que salvaban o Lagares na Avenida de Ricardo Mella, á altura da Depuradora, e que estaban pechadas hai semanas logo de que o deterioro que sufriran as fixesen “moi perigosas para a seguridade dos peóns”, como salientou a concelleira de Medioambiente.

Nos proxectos de limpeza das beiras do río investironse 163.000 € e os orzamentos para 2010 teñen reservada unha partida de 45.000 para a construcción dunha nova ponte, declarou Chus Lago quen especificou que as melloras comprenderán o treito entre a Avenida de Castrelos e a desembocadura en Samil. “Montarase unha canaleta de formigón na parte inferior da pasarela metálica que cruza desde a Avenida de Citróen aos xardíns de Pablo Iglesias para evitar que as augas pluviais acaben depositándose na senda“, asegurou, e está prevista a colocación de fontes ao longo do paseo que vai de Florida a Ricardo Mella.

Ademáis destas actuacións a Concellería de Medioambiente retirou no primeiro trimestre de 2010 máis de dúas ducias de árbores caídas no leito do río por mor dos temporais ademáis de desatrancar a ponte de Muíños e a romana de Sárdoma de polas e maleza. No mes de xaneiro retiráronse uns 400 quilos de lixo da xunqueira ás que se sumaron as 3 toneladas retiradas durante a semana pasada desde a Avenida de Madrid cara a Castrelos.

 

También te puede interesar