RGPD - Cookies
Galicia

Máis de 100 novas rutas xa conectan aos rapaces da vila coa escola

TES_BUS_dest_derA Consellería de Medio Ambiente e Educación aposta claramente por ir ao colexio en bus. Por iso a partires de mañá poráse en marcha 103 novas rutas do programa ‘Tes+Bus’, deseñado para axudar na mobilidade a zonas onde os recursos de transporte público son escasos.

O curso pasado máis de 20.000 usuarios utilizaron este programa que xa ten 514 rutas repartidas en 116 concellos de Galicia. Destas novas rutas beneficiaránse 28 concellos, 17 deles de nova incorporación.

En total son 13 concellos da Coruña (Coristanco, Mazaricos, Melide, Vedra, Abegondo, Boiro, Boqueixón, Mesía, Negreira, Rianxo, Santa Comba, Sobrado e Val do Dubra), 7 en Ourense (Celanova, Boborás, O Barco de Valdeorras, Merca, Baños de Molgas, Castrelo de Miño e Ramirás), 5 en Lugo (Folgoso do Courel, Sarria, Baleira, Castroverde e Cervantes) e 3 en Pontevedra (A Lama, Valga e A Estrada).

También te puede interesar