Vigo al minuto

O luns ábrese o prazo de matrícula, para nenos de 0 a 3 anos, nas Escolas Infantís Municipais

GuarderíaA Xunta de Goberno Local ven de aprobar as “Normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2010-2011. O período de solicitude será do 15 de marzo ao 15 de abril de 2010

Os impresos de solicitude facilitaranse nas propias escolas ou no Servizo de Educación do Concello de Vigo (Rúa Oporto, 1).Na páxina web municipal, www.vigo.org ,disporán da información necesaria e asi mesmo poderase descargar o impreso de solicitude de praza. As listas provisionais publicaranse o 24 de maio en cada escola e na web do Concello, ese mesmo día abrirase un prazo de reclamación de 10 días.

As escolas infantís municipais son as seguintes:

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA CRISTINA” :
Enderezo: Rúa Santa Cristina, 1 (Lavadores)
Teléfono: 986 28 07 32

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “ATALAIA” :
Enderezo: Avd. Doña Fermina, 9 (subida á Guia)
Teléfono: 987 37 65 03

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “SANTA MARTA” :
Enderezo: Rúa Santa Marta, 38 (esquina rúa Torrecedeira)
Teléfono: 986 44 21 53

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL “COSTEIRA” :
Enderezo: Baixada á Praia, 83 (Saiáns)
Teléfono: 986 49 86 77

You may also like