Destacados Vigo al día

Dende hoxe, polas obras, pechan ao tráfico seis rúas da cidade

 

 

Las obras de humanización continuarán todo el año
Las obras de humanización continuarán todo el año

Varias rúas pecharán ao tráfico dende hoxe por períodos que varían dun día a tres meses, segundo informan as concellerías de Vías e Obras e Tráfico, son as seguntes: Por mor das obras de humanización, a metade da rúa Cañiza estará pechada hoxe ás 10:00 horas, e por un período aproximado de oito semanas.

Redúcense o número de carrís na rúa Regueiro, entre Álvaro Cunqueiro e Gran Vía, dende o martes,  ás 10:00 horas e durante  tres meses. Péchase ao tráfico a rúa Tarragona, treitos entre Barcelona e Zamora, e entre Zamora e Gran Vía, con acceso exclusivo para garaxes, dende o martes ás 10:00 horas e perante tres meses. Os desvíos establécense pola rúa Hispanidade.

Por mor das obras de canalización de gas, péchase unha semán a rúa Real con Ribeira do Berbés, con acceso exclusivo para garaxes, dende este luns ás 10:00 horas. Córtase a circulación dous días na rúa Mantelas , entre Gran Vía e Riobo, dende hoxe ás 10.

 

 

 

También te puede interesar