Comarcas

‘Vender’ Tui será máis fácil a partires de agora

Unha veintena de xornalistas especializados en turismo levan dous días de tour disfrutando “sorprendidos” de todos os atractivos que ofrece a vila. Ser Porta de Entrada do Camiño Portugués a Santiago foi unha das cousas que máis interés xerou nestes especialistas en turismo, xa que ten “unhas posibilidades inmensas” e facilitará que miles de turistas descubran a cidade no Ano Xacobeo.

Procedentes de distintos puntos de España, a ‘excursión’ estivo  composta por representantes da Cadena COPE de Madrid e Bilbao, do Diario Alerta de Cantabria, do Diario de Las Palmas, da Revista Events  de Barcelona, da Revista El Piripao, do Diario de Viajes de Madrid e Barcelona, de Las Provincias de Valencia, da Revista Viajeros de Aragón e Cataluña, da catalana La Veu d’Anoia, “HG&T”, de La Voz de Galicia e de Faro de Vigo, xunto a representantes de Turespaña e a Directora Xeral de Fitur.

Historia, costumes e arte son os puntos fortes que estes expertos destacaron de Tui, ademáis do redescubrimento da cociña galega nunha impecable forma de facer e “cun trato delicioso dos produtos da rexión”.

You may also like