Vigo al día

Santiago Domínguez apoia a manifestación en defensa da sanidade pública

Manifestación sanidade/vigoalminuto.comO tenente de alcalde avanzou hoxe que o BNG presentará nos vindeiros días unha moción para expresar o apoio á movilización do sía 25 a prol da sanidade pública. Santiago Domínguez fixo este anuncio logo de reunirse cos representantes da Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública e do Comité de Persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo no Concello.

Domínguez comprometeuse a buscar o apoio do resto dos grupos da Corporación e amosou a súa preocupación e”a do BNG” ante os procesos privatizadores que a Xunta quere poñer en marcha “especialmente no que atingue ao novo hospital de Vigo”. O responsable do Bloque, indicou que a sanidade pública é a “única garantía” da boa atención sanitaria e a igualdade para toda a población e “os vigueses xogámonos moito neste tema e entre todos temos que tentar parar as pretensións da Xunta”.

Na súa opinión, a privatización levarán á hipoteca ao sistema sanitario galego e a un “grande endebedamento” para facilitar a rendibilidade dunha empresa.

También te puede interesar