Galicia

Feijóo díxolle ao Papa que este ano todos os camiños levan a Compostela

Feijóo con Benedicto XVI, hoxe no Vaticano
Feijóo con Benedicto XVI, hoxe no Vaticano

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi recibido hoxe en audiencia pola Súa Santidade o Papa, Benedicto XVI, a quen lle trasladou a importancia que para Galicia ten o Ano Santo e o Xacobeo 2010.

O encontro entre o mandatario autonómico e Benedicto XVI tivo lugar ás 11,45 horas no Vaticano. Durante a visita, o presidente galego transmitiulle á Súa Santidade o cariño e o afecto que o pobo galego sente por este Ano Santo e tamén o entusiasmo co que a comunidade galega recibirá aos milleiros de peregrinos que cheguen a Compostela tras realizar o Camiño de Santiago.

Núñez Feijóo resaltou  o papel de Galicia como capital espiritual da unidade europea neste 2010 e explicoulle a Benedicto XVI o labor que está a realizar a Xunta na promoción e difusión deste gran evento espiritual e cultural.

Te podría interesar