Destacados Vigo al minuto

A Xunta insta ao goberno a que envíe a súa proposta sobre a lei de caixas

caixanova3A Xunta insistiu en pedir ao Goberno central que cumpra o seu compromiso de enviar unha proposta sobre os puntos da lei de caixas galega sobre os que aínda non existe acordo para poder seguir negociando co obxectivo de desbloquear a normativa galega o antes posible.

A conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, instou ao secretario de Cooperación Territorial, Gaspar Zarrías, a que “deixe de enxuizar a política e a conduta dos galegos” e a que “remita dunha vez por todas a proposta de redacción” sobre a lei de caixas. “Temos que arranxar esta situación dunha vez”, reiterou.

O Executivo central comprometeuse a enviar unha proposta sobre os puntos aínda en cuestión o pasado xoves, logo da suspensión unilateral por parte do Estado da reunión convocada ese día para continuar negociando.

A intención do Executivo autonómico é a de seguir coas conversas, pois se estaba avanzando nas mesmas, para chegar a un acordo co Estado «e acabar con esta situación provocada polo Goberno e que este retire o recurso de inconstitucionalidade sobre a lei de caixas e Galicia estea en condicións de seguir tendo presenza no futuro mapa financeiro».

A Xunta de Galicia reitera esta vontade de negociar, pero sen admitir deslealdades ou adiamentos inxustificados, así como formulacións políticas que non teñan base no ordenamento xurídico.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.