Galicia

Supéndense as actividades deportivas escolares durante o fin de semán por mor das condicións climatolóxicas

Quedan aplazados todos os partidos que debían disputar uns 40.000 rapaces en disciplinas coma o badminton, fútbol, baloncesto, balonmán ou atletismo, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

DeporteA Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas.

Ante a previsión existente, a Secretaría Xeral para o Deporte optou pola suspensión das actividades logo de escoitar a todas as partes implicadas na campaña de Deporte en Idade Escolar. Unha decisión tomada co obxectivo de evitar incidencias, xa que se espera durante o fin de semana unhas condicións climatolóxicas moi complicadas.

Ao disputarse ao aire libre as complicacións eran maiores, polo que a Secretaría Xeral optou pola súa suspensión, do mesmo xeito que o resto de actividades que inclúen un programa que neste curso escolar conta coa participación de máis de 40.000 nenos galegos.

O programa de deporte escolar incluye modalidades como natación sincronizada, bádminton, tríatlon, fútbol, baloncesto, balonmán ou o atletismo nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. Ademáis levanse a cabo actividades lúdicos-recreativas que achegán aos colexios, dun xeito divertido, diferentes disciplinas.

A decisión foi inmediatamente comunicada ás federacións deportivas, aos clubs e aos responsables de Deporte Escolar en cada zona coa finalidade de que a medida xere os menos prexuízos posibles.

Así mesmo a Secretaría Xeral para o Deporte informou a todas as federacións galegas da previsión de mal tempo que haberá este fin de semana en Galicia e deixa á súa decisión o desenvolvemento das competicións oficiais, xa son eles os responsables das mesmas facendo fincapé ás federacións na necesidade de que tomen as máximas precaucións para evitar incidencias e que estuden a posibilidade de suspender as competicións se fose necesario.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.