_agenda Agenda

Se che gusta a música, dalle ao ‘play’

IES Audiovisual de Vigo convoca o I foro de producción musical da cidade, ‘Dalle ao play, que se celebrará entre hoxe e mañá nas instalacións do instituto en Bouzas. Será un punto de encontro non só para máis de 200 profesionais do sector da produción, senón tamén para grupos noveles que se encargarán de amenizar as xornadas. Aínda que para facelo tiveron que gañar un concurso musical do que se fixo unha preselección os pasados 28 e 30 de xaneiro e dos que se deron a coñecer os gañadores o 2 de febreiro. O premio: a gravación dunha maqueta e a posibilidade de participar no concerto.

O encontro, que se celebrará nas instalacións do Instituto Audiovisual de Vigo, será de balde. É a primeira vez que se realiza un evento destas características en Galicia, xa que nel poderase coñecer de primeira man a realidade da música galega a todos os niveis, desde a creación e a producción ata os aspectos técnicos. Ademais de charlas, haberá concertos e propostas de carácter lúdico como exhibicións de streetdance e videoxogos musicais (Singstar, Rock Band y Just Dance).

Unha mesa redonda sobre ‘Xestión e organización de concertos’, no que participarán os productores musicais Anxo Bautista, Pablo Iglesias e Lucila, é un dos pratos fortes do foro (hoxe, ás 17 horas). A partir das 19 horas poderase disfrutar da música que ofrecerán os grupos gañadores do concurso de maquetas, Baldosa Amarilla e Sin Motivo.

También te puede interesar