Comarcas

Queren estar conectados con Vigo a prezo de crise

O Concello de Redondela acordou en pleno pedir á Xunta a posta en marcha urxente do transporte metropolitano da área de Vigo cunha tarxeta de transporte gratuíta cun máximo de 60 viaxes ao mes para xubilados, pensionistas e parados con baixos ingresos. O goberno municipal asegura que Redondela non lle pode facer fronte aos 600.000 euros que se estima que custa o transporte entre esta localidade e Vigo e que, de tódolos xeitos, o transporte intermunicipal é competencia do Goberno autonómico.

Educación

Por outro lado, hoxe 9 centros escolares de ensino primario asinaron co Concello de Redondela un convenios de autoxestión polos que se farán cargo do mantemento ordinario dos colexios e que contará cun orzamento xeral de 80.000 euros. Con este convenio, os colexios CEIP Laredo, Alexandre Bóveda, Igrexa, Porto Cabeiro, Outeiro de Penas, Quintela, Santo Paio de Abaixo, Cedeira e Trasmañó atenderán a través dos consellos escolares as reparacións ordinarias de xardinería, carpintería, pintura, fontanería, soldadura, albanelería, substitución de elementos eléctricos e arranxo de malfucionamentos lumínicos, baleirado de fosas e limpeza de canalizacións e, en xeral, todos aqueles traballos que non precisen proxecto técnico.

También te puede interesar