Agenda Destacados

En Vigo hai manifestacións ata a dúas rodas

A asociación A Golpe de Pedal vén de convocar unha manifestación ciclista para o 7 de marzo para demandar co que levan anos soñando os usuarios da bicicleta na cidade: un carril-bici Vigo-Baiona. Para iso citan a todos os amantes da bicicleta ás 11 da mañá na Praia de Samil, fronte ao camping.

Os que se animen poderán recorrer a Avenida de Samil, a rúa do Río, a Estrada de Muíños, a PO-325/Avenida de Ricardo Mella, o Camiño do Portiño, a Estrada pola vía, a rúa Torrente Ballester e Ramallosa para voltar polo mesmo camiño. Todo “polo uso da bici, por espazos e vías ciclistas e por un transporte sostible e ecolóxico”.

Corredor verde

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, prometeu a esta asociación que o futuro corredor verde que sustituirá ás actuais vías do tren coa chegada da alta velocidade incorporará un carril-bici no eixo Travesas-Samil-Coruxo. Sen embargo, a demandada senda ciclista ata Ramallosa non conta con tanta aceptación por parte de todos os veciños, que chegaron a presentar un recurso contra o proxecto de carril-bici do anterior Goberno da Xunta polos modos e polas expropiacións que supuña.

También te puede interesar