Destacados Vigo al minuto

¿Nunca pensaches en conducir un taxi?

Para ser taxista non chega con saber conducir. O Concello de Vigo convoca un novo exame para obter o permiso municipal de condutor de autotaxi o vindeiro 15 de abril no que terás que deixar claro que coñeces a cidade. Para superar a proba con éxito os aspirantes deberán ter coñecementos sobre a Ordenanza Municipal de Autotaxi e sobre as rúas e puntos de interese da cidade, xa que durante o exame terán que seguir un itinerario entre dúas ubicacións de Vigo.

Se estás interesado poderás inscribirte ata o 9 de marzo no Concello e deberás acreditar cunha fotocopia compulsada a obtención do carné de conducir BTP, dúas fotografías, DNI e un certificado médico. Conseguir a licenza xa é outro cantar.

También te puede interesar