Vigo al minuto

O sector Servicios estuda unha folga para que readmitan aos encargados da limpeza de Alcampo

As manifestacións crecen en intensidade, hoxe foron 400 persoas. Os sindicatos CIG, CCOO e UGT convocaron unha nova mobilización masiva de delegados nas portas de Alcampo de Coia  esta mañá para amosar o rexeitamento aos despedimentos da limpeza neste centro de traballo, asi como a solidariedade cos traballadores despedidos. De feito, amenazan con ir todo o sector Servicios de Pontevedra á folga mentres non os readmitan.
O luns día 15 de febreiro, as centrais sindicais mantiveron unha xuntanza co Director Xeral de Traballo Odilo Martiñá, na cal lle expuxeron a situación dos despedidos, se lle exixiu a Xunta a intervención inmediata no conflito, explicándolle que a actual empresa Amil Lago, non é unha empresa do sector de limpeza, non podendo facer dita actividade, e por suposto, sen subrogar aos traballadores actuais.

O martes día 16 de febreiro, o Comité de Empresa de Alcampo de Coia mantivo unha reunión coa Dirección da empresa, negándose esta a asumir a súa responsabilidade nos despidos e ofrecendo unha saída de recolocación de algúns, o que tivo unha resposta negativa por parte da CIG.
O mércores día 17 de febreiro, mantívose unha reunión coas patronais de limpeza, provincial e estatal, onde se decidiu, levantar un acta asinada polas dúas partes, exixindo o cumprimento de subrogación e solicitando unha reunión a Conselleira de traballo, o antes posíbel, para que interveña no conflito.
Os representantes da CIG-Servizos subliñan que “a Xunta ten a capacidade legal de prohibir a Alcampo esta situación e obrigarlles a readmisión de todo o persoal”.

También te puede interesar