Galicia

Feijóo disposto a correr a banda para que Internet chegue ao 100% dos galegos

web-30O presidente da Xunta, anunciou hoxe, na rolda de prensa posterior ao Consello, un Plan Director de Banda Larga 2010-2013 que “mobilizará 232 millóns de euros e que suporá que o 100% da poboación galega poida ter acceso a esta tecnoloxía”. Feijóo salientou que “a situación actual de Galicia é claramente insuficiente”, con “case 800.000 galegos, o 30% da poboación, que non teñen acceso á banda larga”.O 41% das 1.821 unidades de poboación nas que existe algún punto de demanda de banda, non a teñen; é dicir: o 30% dos centros sanitarios, o 25% dos centros educativos, e o 10% dos xulgados”, incidiu.

Ademais, o presidente galego lembrou que “máis do 16% das empresas, porcentaxe moito maior no medio rural, non teñen acceso a banda larga. O 64% das explotacións agrarias non teñen acceso; e o 51% das casas de turismo tampouco”.

Para paliar este déficit, amosou o seu compromiso de achegar a banda larga “ao 100% da poboación”. “O 94% contará con acceso a banda larga de calidade –o 100% dos núcleos con máis de 100 habitante e o 70% dos núcleos con menos de 100 habitantes- terá aceso a banda larga de calidade. O 6% restante terá cobertura a través do satélite”, explicou.

Así mesmo, destacou Feijóo, “o 100% dos núcleos con demanda pública, é dicir, núcleos onde exista un colexio, un centro sanitario ou un xulgado de paz, terán acceso a banda larga de calidade”. Ademais, o Plan garante o acceso a esta tecnoloxía do “96% das empresas, incluídos todos os polígonos industrias”, ao tempo que asegura que o “37% da poboación, máis ou menos un millón de persoas, terán aceso a cobertura de rede de nova xeración, é dicir, de 100 megas”.

Por último, explicou Feijóo, este Plan Director de Banda Larga fará especial fincapé, nos seus comezos, nas “provincias de máis dificultade: Lugo e Ourense”. “O ano que ven reduciremos o 50% da fenda dixital existente nestas dúas provincias que están en peores situacións”, aseverou.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.