_agenda Agenda

O Entroido encara a recta final en Vigo

A decisión salomónica sobre o inglés e o galego, á pira.
A decisión salomónica sobre o inglés e o galego, á pira.

Se eres festeiro, hoxe non darás abasto. O entroido chega ao seu fin en Vigo cunha xornada chea de convocatorias con animacións co rei, raíña, a súa queima, o deus Momo, os concursos de disfraces, charangas e demais familia antes do sepelio de despedida que terá lugar o vindeiro mércores, derradeiro día do entroido.

A xornada abrirase a patir das 17:45 horas na Praza da Constitución coa concentración da comitiva rexia e a animación polas rúas nun percorrido que comezará en Gamboa e irá por Victoria e a Praza de Compostela. Será aquín onde ás 18 horas comece o bicamáns do deus Momo, quen protagonizará o seu esvaecemento y posterior agonía.

Tamén na Praza de Compostela entre 18:15 e 20 horas celebrarase o concurso de disfraces, no que poderás inscribirte entre as 17 e as 18 horas. O concurso de charangas está convocado ás 20 horas na Praza da Constitutución. Como ven sendo habitual, dentro do programa festeiro do Entroido 2010, tamén haberá saídas dos merdeiros polas rúas e prazas do Casco Vello.

A xornada remata na Porta do Sol cunha verbena de 10:30 a 02 horas animada polas orquestras Charlestón e Miramar. No  mesmo lugar, á hora bruxa (oo horas) comunicarase o falecemento do deus Momo e lerase o testamento a prol do seu fillo Momiño, así como o xuizo, sentenza e queima do rei e da raíña do Entroido 2010.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.