Vigo al minuto

Mil persoas demostrarán que son máis que profesionais

En total, 977 persoas xa solicitaron participar nas 4.343 probas de avaliación en competencia clave que lles permitirá acceder á formación para o emprego asociada aos certificados de profesionalidade sen estudos previos. Case unha media de 4,4 probas por persoa apuntada, xa que cada solicitante pode presentarse a varias avaliacións. O 90 por cento dos aspirantes optan a certificados de profesionalidade de nivel 2 e só 429 apuntáronse para o nivel 3.

Galicia foi a primeira comunidade autónoma en realizar este tipo de avaliación, que permitirá que non só accedan aos cursos os cidadáns en posesión de titulacións ou acreditacións oficiais, senón a calquera persoa que acredite que posúe os coñecementos e capacidades básicas. As probas realizaranse o 26 e 27 de febreiro e o 5 e 6 de marzo.

As competencias clave son os contidos de formación básica e que se dividen en 8 áreas: lingua galega, lingua castelá, linguas estranxeiras, matermáticas, ciencia, tecnoloxía, dixital, xeografía e historia. E as avaliacións máis solicitadas foron lingua castelá (961), lingua galega (941) e matemáticas (941). Isto débese, en grande medida, á gran demanda de certificación na ocupación de atención sociosanitaria a persoas no domicilio.

Entre os solicitantes, 377 persoas examinaranse no centro nacional de FP Ocupacional de Santiago; 297 no centro de FP ocupacional de Vigo; 290 no de Santa María de Europa de Ourense, e 53 persoas en Lugo.

También te puede interesar