Deportes Destacados

Comeza o exame a Vigo para ser sede do Mundial de fútbol

Proxecto do novo Balaídos.
Proxecto do novo Balaídos.

Si o Celta está en segunda división, polo  menos queremos ser sede do Mundial.  Por este motivo, hoxe visita a nosa cidade e a da Coruña a comisión de avaliación da federación. O obxectivo é ser sede da candidatura conxunta de España e Portugal ao Mundial de fútbol de 2018 ou 2022.

Trátase dunha xuntanza técnica con desponsables deportiva do Concello, que se está realizando con todas as cidades candidatas, na que os representantes federativos queren recabar información sobre as condicións de Vigo para albergar esa competición deportiva.

Un dos aspectos sobre os que se falará nesa reunión será a reforma do estadio de Balaídos, cuxo proxecto recibiu unha mención especial na octava Bienal Internacional de Arquitectura de Sao Paulo. A proposta de Vigo foi premiada no apartado de novos proxectos.

O proxecto contempla unha reforma da actual instalación deportiva  para contar cun novo estadio cun aforo de 42.381 espectadores, todos sentados e a cuberto. Asemade, a reforma inclúe unha completa remodelación de toda a zona e a construción dun aparcamento soterrado de 2.074 prazas. Ademais deste aparcamento de uso público, haberá outro de 818 prazas para uso exclusivo do estadio baixo as gradas.

O secretario xeral do Deporte tamén mantivo reunións cos dirixentes da Federación Española, incluído o seu presidente para expresar o desexo compartido do pobo de galego de volver ser escenario da principal competición mundial de fútbol, xa que en 1982 tanto Vigo como A Coruña acolleron un dos grupos da Copa do Mundo, que ao final foi gañada por Italia, que estableceu a súa concentración en Pontevedra. 

A Secretaría Xeral para o Deporte reitera o seu respaldo ás dúas candidaturas como así llo fixo saber ao máximo responsable da Real Federación Española de Fútbol, Anxo María Villar. 

O Mundial representa unha excelente oportunidade para Galicia, que ao longo dos últimos anos foi escenario de grandes competicións deportivas como a saída da Volta ao Mundo a Vela (Volvo Ocean Race). En todas estas citas a nosa comunidade demostrou unha extraordinaria capacidade para ser un perfecto anfitrión.

“As cualidades da nosa comunidade, a seriedade dos proxectos, o empeño dos dirixentes e sobre todo a ilusión de todos os galegos espera a Xunta de Galicia que sexan argumentos sólidos para que a comisión de avaliación se decida polos dous proxectos” din dende a Xunta.

Coñece o proxecto da candidatura de Balaídos

You may also like