Deportes Galicia

Galicia, ‘taekwondo Calidade’

Recepción en Lavacolla da expedición.
Recepción en Lavacolla da expedición.

O taekwondo galego referendou onte en Alacante a súa hexemonía nacional ao revalidar o título de campión de España logo de establecer unha marca histórica de medallas.

Os vencedores chegaron pola mañá ao aeroporto de Lavacolla, onde acudiu a recibir á expedición  José Ramón Lete, secretario xeral do Deporte, quen mostrou o seu orgullo polo traballo que vén realizando o taekwondo “por ser un exemplo para o resto de comunidades”.

O equipo galego gañou en Alacante 19 medallas (catro de ouro, outras tantas de prata e once de bronce) a pesar de que acudiu ao Campionato de España con varias baixas importantes por culpas de lesións.

“Actualmente Galicia é a referencia en España dunha disciplina que sempre logra grandes resultados en todas as citas internacionais”, explicou o secretario xeral para o Deporte que fixo fincapé en que “o importante non é soamente os grandes resultados que se están conseguindo actualmente senón que o futuro está garantido polo traballo que se está facendo coa canteira”.

También te puede interesar