RGPD - Cookies
Cultura

‘Festa da palabra silenciada’ cumple 25 anos dando voz ás mulleres e ao nacionalismo

Iolanda Veloso e María Xosé Queizán.
Iolanda Veloso e María Xosé Queizán.

A concelleira de Igualdade e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso, presentou  a nova edición da revista Festa da Palabra Silenciada, que celebra o seu 25 aniversario. Acompañada pola directora da publicación, María Xosé Queizán, a edil nacionalista subliñou que se trata dun foro «completamente editado en galego» e culturalmente plural no que se da voz ás persoas que investigan, en particular sobre feminismo.

Iolanda Veloso expresou os seus parabéns á María Xosé Queizán, polo 25 aniversario da publicación, e anunciou que o vindeiro venres, 5 de febreiro, terá lugar a celebración no Museo do Mar, ás 20 horas. Ao respecto, a directora da Festa da Palabra indicou que o acto contará con diversas intervencións de especialistas en feminismo, así como a representación do sketch do espectáculo «Neuras» a cargo de Ónfalo Teatro e a actuación musical de Cristal Méndez Queizán.

A directora da publicación explicou que a Festa da Palabra naceu coa intención de dar «visibilidade ás mulleres», posto que hai 25 anos «parecía que elas non existían e a sociedade era só masculina». Ao seu xuízo, os máis de 600 colaboradores e colaboradoras que ten a revista na actualidade poñen de manifesto que en Galiza había moitas mulleres que podían escribir e facer crítica, ao coincidir mulleres consagradas coas novas, e dar así paso á «renovación poética galega dos 90».

Respecto ao novo número da revista explicou que nel se fai balance destes 25 anos basicamente á importancia que supuxo a súa aparición para o movemento feminista, a súa relevancia na consideración de Galiza como vangarda deste movemento en referenza ao resto do Estado e servir de plataforma aos traballos de investigación sobre diversas escritoras ou diferentes temas políticos, culturais, sociais e científicos.

También te puede interesar