Galicia

Os empresarios embárcanse no proxecto Campus do Mar da Universidade de Vigo

gago y alvariñoOs empresarios da provincia de Pontevedra súmanse ao proxecto do Campus do Mar co que a Universidade de Vigo concorrerá á vindeira convocatoria de Campus de Excelencia Internacional do Ministerio de Educación. A adhesión da clase empresarial fíxose efectiva hoxe martes na sede da CEP en Vigo, onde o reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, presentou unha proposta de convenio na que convidou á Confederación de Empresarios a participar no proxecto co que, afirmou, “tentamos facer a maior agrupación dedicada a temas mariños que nunca se fixera ata agora neste país e que estimamos que conta con máis de 500 doutores, converténdose nun referente na investigación neste campo”.

Pola súa banda,o presidente da CEP, Fernández Alvariño, amosouse favorable á proposta da Universidade e subliñou que “dende este organismo imos involucrarnos totalmente neste proxecto para que saia adiante”.

Deste xeito, a cooperación entre a CEP e a Universidade de Vigo para impulsar o proxecto do Campus do Mar súmase aos múltiples apoios cos que xa conta a proposta, salientando a colaboración das restantes universidades galegas, o CSIC, a Axencia Española de Seguridade Alimentaria, o Instituto Español de Oceanografía, as consellerías de Pesca, Educación e Economía e do sector naval e pesqueiro, entre outras. Sen embargo, a pesar da gran cantidade de apoios que recibe o proxecto, Alberto Gago salientou a necesidade de rematar as tarefas pendentes para dar a forma definitiva ao Campus do Mar. “Aínda quedan actividades pendentes para pechar o proxecto, coma o contacto cos centros de I+D de Galicia e o pulo definitivo da Xunta coa ETEA”, afirmou o reitor da Universidade».

22.000 empresas para hacer prácticas

Este achegamento entre ambas institucións desenvolveuse no marco da sinatura dun convenio de colaboración en materia educativa co que, tanto a Universidade como a CEP, pretenden actualizar e reafirmar as liñas de traballo conxuntas. Entre outros aspectos incidiuse na intensificación do programa de prácticas de estudantes universitarios, que conta xa con 22.000 empresas adheridas, o que, segundo Gago, «proporciona aos nosos estudantes a atención que precisan e isto proporciona tranquilidade á Universidade».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.