Vigo al minuto

Las obras de la autovía Pontevedra-Vilagarcía arrancarán en 2010 como alternativa a la AP-9

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, anunciou que o departamento que dirixe xestionará un orzamento de 13 millóns de euros para construir o enlace de Curro e a autovía dende ese punto ata Baión ao longo de 2010. Indicou que os dous tramos que constitúen a autovía Curro-Baión (Curro-Enlace da Costa e Enlace da Costa-Baión) definen unha infraestrutura que terá unha lonxitude de máis de 8 quilómetros e que está chamada a ser a conexión de Vilagarcía con Pontevedra e Vigo, a través dunha autovía libre de peaxe alternativa á AP-9.

Segundo manifestou o conselleiro as previsións que manexa a Xunta de Galicia son que o nó do Curro e a autovía estean en obras este mesmo ano, no caso do treito Curro-Enlace da Costa no segundo trimestre de 2010 e respecto do segundo treito (Enlace da Costa Baión) no terceiro trimeste procederíase a publicación do decreto de utilidade pública e urxente ocupación.

Concretou que o primeiro treito desta autovía, cuxa lonxitude é de 2,5 quilómetros, será executado pola Sociedade Pública de Inversións, que investirá un total de 13,7 millóns na totalidade das obras. Aclarou que para o presente ano, o orzamento reservado é de 1,5 millóns de euros, dos cales, 0,5 destinaranse ao pago das expropiacións.

Por outra banda, Agustín Henández destacou que o actual Goberno asumíu o compromiso de executar a totalidade do treito Enlace da Costa-Baión cuxa lonxitude é de 6 quilómetros. Nese senso, nos orzamentos de 2010 resérvase unha partida económica de 1,5 millóns de euros.

  • Enlace de Curro

O conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas explicou que o Enlace de Curro será o nexo no termo de Curro coas autoestradas AP-9 e a estrada PO-351 en dirección a Sanxenxo e Vilagarcía, ao seu remate previsto para o primeiro semestre de 2012. O investimento total para esta actuación ascende a 36,5 millóns de euros, dos cales 10 millóns serán investidos ao longo de 2010.

Explicou a situación actual dos traballos nesta actuación céntranse no desbroce e nas tarefas topográficas e xeotécnicas. Avanzou que na primeira quincena de febreiro comezarán os traballos de demolicións e tratamento de residuos e movementos de terras.

Tamén aclarou que o actual Goberno da Xunta optimizou o deseño e o axustou á realidade do territorio co obxecto de minimozar o impacto e garantir a accesibilidade as áreas industriais existentes na zona.

Por último, concluíu que unha vez que o vial que conecta a A-52 (Ponteareas) con Curro, cuxa responsabilidade de execución recae no Ministerio de Fomento, a totalidade dos trazados representarán unha infraestrutura alternativa á AP-9.

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

También te puede interesar