Comarcas Destacados

Ponteareas vólcase esta fin de semana co pobo saharaui

saharaPonteareas vivirá tres días adicados ao Sáhara que en realidade xa comezaron o 18 de xaneiro cunha  exposición Fotográfica na Casa da Triga sobre os campamentos de refuxiados (Fotos de Fito Alvarez y Conchi Fernández) e que estará aberta ata o 7 de febreiro. Tamén neste mesmo espazo, proxectarase ata o sábado diversos documentais relacionados.

O venres, ás 20:00 h. no Centro Artistico Sportivo proxectarase tamén un documental e continuación ofrecerá unha conferencia o Catedrático de Dereito Constitucional da USC Carlos Ruiz Miguel. O título: «O conflito do Sáhara Occidental: unha cuestión de legalidade internacional e de Dereitos Humanos».

O sábado é o día máis intenso, tes actividades para elexir:
-Ás 12:00 h. en «A Casa da Triga» degustación gastronómica saharaui (Cus cus, dátiles, té, …)
-Ás 19,30 h. presentación da páxina web www.porunsaharalibre.org e reflexión sobre o papel dos medios de comunicacióne das novas tegnoloxías no conflito do Sáhara Occidental (Fito Alvarez de Solidariedade Galega co Pobo Saharui).
-Ás 19:45 presentación da Guia Util del IGADI sobre o Sáhara (Roberto Mera, colaborador do Instituto Gallego de análise e documentación internacional)
-Ás 20:00 h. Mesa Redonda:
-Maite Isla (Presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharui) «O movemento galego de apoio ao pobo saharui)
-Fran Alonso (Escritor) Territorio Ocupado: Unha crónica humana do conflito do Sáhara
-Ahmedu Mohamed (Delegado da Frente Polisario en Galicia) «Conflicto do Sáhara: estado da cuestión e perspetiva de futuro

En «A Casa da Triga»:
-Ás 21,30 h. degustación gastronómica saharui
-Ás 23:00 h. actuación musical: Yslem «El hijo del desierto» (Rap saharui)

Organiza: Asociación Cultural «A Casa da Triga»
Colabora: Solidariedade Galega Co Pobo Saharui

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.