Galicia

Núñez Feijóo inicia a súa viaxe oficial a Portugal

O presidente da Xunta comezará este xoves  a súa primeira visita oficial a Portugal. Hoxe pola tarde, á súa chegada a Lisboa, Alberto Núñez Feijóo visitará o Centro Galego e manterá unha xuntanza coa xunta directiva. Xa pola noite, reunirase co embaixador de España en Portugal, Alberto Navarro González. Ás 11,30 horas do venres, o xefe do Executivo autonómico manterá un encontro, no Palacio de Belem,co primeiro ministro portugués, José Sócrates, e co presidente da República, Aníbal Cavaco.

Posteriormente, participará  nun xantar con empresarios, organizado pola Cámara de Comercio Luso-española, no marco do cal pronunciará un relatorio baixo o título As oportunidades de comercio e investimento en Galicia e Portugal.

O presidente da Xunta pechará a súa visita a Lisboa cunha entrevista co primeiro ministro da República, José Sócrates, que terá lugar ás 16,00 horas no Palacio de Belem.

También te puede interesar