Comarcas Música y Cine

‘Oro negro’, un filme que analiza a explotación tralo mercado do café

O Concello de Tui, a través da Biblioteca Municipal, promove o  ciclo de cine ambiental e solidario «Butaca Verde», organizado polo CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), a través do seu Centro de Documentación Ambiental. Esta actividade continúa mañá martes 26 de xaneiro a partires das 19:30 horas coa proxección da seguinte película:

«Oro negro»; Mark Francis e Nick Francis (2006). As multinacionais do café dominan os centros comerciais e os supermercados, controlando unha industria que move máis de oitenta billóns de dólares anuais, convertíndose na mercadoría comercializada máis valiosa do mundo despois do petróleo. Pero o prezo real que se paga aos campesiños que cultivan o café é moi baixo. Un convite a un consumo responsable para os demais, para nós Duración: 78’

O éxito éxito do filme como arma política foi innegable, xa que recolle o eco mundial dunha realidade silenciosa. O socaire do seu estreno mundial, en 2006 o goberno etíope gañou unha demanda contra Starbucks pola que esixa á ompañía americana o pago polas denominacións de orixe dos cafés que utilizaba nas súas tendas. Tamén foron milleiros as chamadas que recibiu a compañía americana dos seus clientes, reclamándolles saber de onde procedían os cafés que consumían. A día de hoxe, a situación non ten mudado mito, e os intereses da agricultura dos países desenvolvidos aínda teñen grande peso, pero a influencia de Oro negro no cambio da percepción é irrefutable.

O Concello de Tui anima a todos os interesados a participar nesta actividade de divulgación ambiental e que tenta provocar na cidadanía a reflexión necesaria sobre o noso estilo de vida e a adopción de condutas diarias máis sostibles e responsables con nós e co planeta. Ademáis, «Butaca Verde» é unha actividade de carácter gratuíto e de acceso libre ata completar o aforo do local.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.