Destacados Vigo al día

Ferrín xa é o novo presidente da Real Academia Galega

Xosé Luis Méndez Ferrín.
Xosé Luis Méndez Ferrín.

Xosé Ramón Barreiro deixa o seu asento e a Real Academia Galega busca sustituto. O Premio Nacional de Literatura Xosé Luis Méndez Ferrín será o próximo presidente da RAG ao ser a única candidatura que se presenta ao cargo e que saliu elixida hoxe trala votación dos académicos.

Para sustituir a Barreiro, que deixa o posto tras dúas lexislaturas como mandan os estaturos, Ferrín conseguiu a maioría absoluta na votación de hoxe. Será o undécimo presidente da Academia Galega, fundada en 1906 por Manuel Murguía.

Ferrín expuso as principais liñas do seu mandato, que irá nunha liña continuista, tal e como afirmou.

Currículo

Este escritor ourensá candidato ao Nobel de Literatura tamén foi candidato á presidencia da Xunta nas últimas eleccións como cabeza de lista de Frente Popular Galega, aínda que os seus coqueteos coa política naceron en 1963 coa fundación de Unión do Povo Galego. Pero a súa vida está adicada á literatura: honoris causa pola Universidade de Vigo, director da Trave de Ouro e catedrático de literatura xubilado do vigués Instituto Santa Irene é un poeta, novelista e ensaista de prolífica obra.

También te puede interesar