Vigo al minuto

Os traballadores de Alfageme pecháronse onte en ANFACO e hoxe van aos xulgados

p1450824‘Conserveiro ou mafioso?’ Isto era o que dician os distintos carteis que coa faciana de Juan Lago ensinaban as traballadoras e traballadores de Alfageme, que saían do seu peche na sede da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas (ANFACO). Segundo informou a CIG, “a plantilla continúa sen receber o pago das nóminas pendentes nin hai actividade industrial nas catro factorías do grupo“. Con esta acción, os trabajadores denunciaban “o pasotismo da patronal da conservería“, que segundo indicaron os traballadores, “nen tan sequera se preocupara da situación que atravesan as máis de 400 familias” que viven con incertidume pola “lamentáble xestión” e pola “vontade especulativa” do seu empresario, o promotor inmobiliario, Juan Lago.

“Esta é unha mobilización máis das que estamos realizando en Alfageme co obxectivo de denunciar a situación que están atravesando as traballadoras e traballadores, e denunciar á familia Lago, xa que é o obstáculo máis importante para que se abra un proxecto nesta industria“, manifestaba Xosé Fernández Piñeiro, voceiro da CIG.

As razóns da ocupación

Sobre as razóns que levaron ao persoal de Alfageme, que continua cos peches nas fábricas, a achegarse até ANFACO, Piñeiro sinalou que “a Unión de Conserveiros sabe que vai desaparecer esta fábrica e catro centros de traballo, e non se pronunciou en absoluto”. Con esta mobilización pretendian tamén falar co secretario xeral deste organismo, mais estaba nunha viaxe en Madrid, polo que mantiveron a concentración até perto das dúas da tarde, para trasladaren as súas queixas a este organismo.

 Xuízo contra a propiedade

Hoxe haberá unha nova mobilización do persoal que se trasladará até os Xulgados da rúa Coruña para concentrarse ás nove e media. O xuízo é pola denuncia dun traballador que, segundo manifestan os sindicatos, “foi ameazado e coaccionado por Gustavo Lago, fillo de Juan Lago“, polo que se presentou demanda no Xulgado e na Inspección de Traballo.

 

 

 

También te puede interesar