Destacados Vigo al minuto

As mulleres emigrantes aprenderán a buscar traballo usando o ordenador

A Federación  de Asociacións Veciñais de Vigo “Eduardo Chao”, en colaboración coa Secretaría Xeral de Emigración da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia, pon en marcha o programa de formación “Obradoiros de recursos e habilidades para a procura de emprego usando o ordenador” para mulleres inmigrantes extracomunitarias procedentes da Oficina de Inmigración do Concello de Vigo. O obxectivo é formalas profesionalmente, fomentar a súa integración social e incorporación ao mercado laboral, ao tempo que se dinamizan as asociacións veciñais coa incorporación de novos veciños e veciñas procedentes dun ámbito multicultural. 

O curso será  de 30 horas de duración. A iniciativa comeza este venres 22 de xaneiro. Desenvolverase nas Asociacións Veciñais de “C. Vello” e “Cristo da Victoria” en Coia que ceden gratuitamente as súas instalacións para poder impartir os obradoiros.  

También te puede interesar