_agenda Agenda

Somos o que comemos

Sabes o que comes? Greenpeace Pontevedra trae dende hoxe e ata o 29 de xaneiro á Casa da Xuventude de Vigo a mostra ‘Os tranxénicos no teu prato’, unha exposición composta por oito paneis explicativos sobre os alimentos tranxénicos, o dano ao medio ambiente e á saúde e o camiño que percorren dende o laboratorio ata o teu prato.

A exposición sobre os tranxénicos permítenos viaxar polo complexo mundo da biotecnoloxía de forma sinxela e didáctica cunha mostra que ten como elemento central unha serie de ilustraciones moi suxerentes coas que percorrer os conceptos básicos da inxeñería xenética e coñecer os seus principais riscos.

A través desta exposición é posible coñecer as principais demandas de Greenpeace e as solucións que propoñen para acabar «cun tipo de agricultura ambiental e socialmente inxusta e insostible». Algunhas destas solucións son sumamente sinxelas e poden ser levadas á práctica por calquera que teña gañas de actuar.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.