Cultura Vigo al minuto

Se tes un grupo musical, dalle ao ‘play’

O IES Audiovisual de Vigo convoca o I foro de producción musical da cidade, ‘Dalle ao play’, que se celebrará entre o 25 e 26 de febreiro nas instalacións do instituto en Bouzas. Será un punto de encontro non só para profesionais do sector da produción, senón tamén para grupos noveles que se encargarán de amenizar as xornadas.

Aínda que para facelo terán que gañar un concurso que comeza hoxe mesmo coa apertura do prazo para que envíen as súas demos ou vídeos, que poderán presentar ata o 26 de xaneiro no formato establecido nas bases xunto á folla de inscripción. Un xurado especializado fará unha preselección os días 28 e 30 de xaneiro e dará a coñecer aos gañadores o 2 de febreiro. O premio: a gravación dunha maqueta e a posibilidade de participar no concerto.

Os interesados poderán inscribirse nas categorías de pop/rock, contemporáneo e categoría libre e teráse en conta a orixinalidade, complexidade, calidade nas letras… Os grupos deben estar formados por entre 2 e 8 persoas, residir na provincia de Pontevedra, non ter editado ningún disco previamente e ser orixinais e inéditos.

También te puede interesar