Destacados Vigo al minuto

As peque-rutas estrean o ano en Pedra do Lobo

O grupo de senderismo Andaina, pertencente á Asociación Cultural ‘O Coto’ comeza o ano con forza e con moitas ganas de patear. Este domingo 17 de xaneiro propóñennos unha peque-ruta por Pedra do Lobo, en Covelo, un percorrido de apenas 4,5 quilómetros adaptado para o público familiar e para os máis pequenos da casa.

Se queres participar, o grupo sairá ás 11 horas do Colexio Público Carballal-Cabral e podes ter máis información nos teléfonos 986 487957 e 676 524529. Eso si, non esquenzas levar a comida para pasar o día no monte.

También te puede interesar