Cultura Vigo al minuto

O Museo do Mar reflexiona da man de Baltazar Torres sobre a sobreexplotación dos recursos mariños

Unas de las obras de Baltazar Torres.
Unas de las obras de Baltazar Torres.

A pesares de que xa estará aberta ao público dende hoxe, o Museo do Mar de Galicia inaugura oficialmente o sábado 16 de xaneiro, cun cóctel que se celebrará ás 22.30 h. no marco das actividades da feria de arte Espazo Atlántico, a exposición De la mer de la mer, do artista portugués Baltazar Torres. Nesta nova mostra faise unha reflexión sobre a sobreexplotación dos recursos do mar e sobre os múltiples desastres ocasionados polo home no medio marítimo, como ocorreu hai poucos anos co caso do petroleiro Prestige nas costas galegas. O artista luso, a través de diferentes pinturas e esculturas, fai unha crítica á irresponsabilidade das diferentes culturas que enchen de basura o mar. Por este motivo, Torres fai un xogo de palabras no título da exposición coa sonoridade en francés da palabra merde, en referencia a esta basura. Outro dos aspectos que critícanse é a exterminación de diferentes especies mariñas. O autor, neste caso, retrata distintos personaxes que amosan dentes de baleas cazadas coma se fosen trofeos en situacións algo cómicas ou ridículas. A masacre de baleas, que o home branco cometeu durante séculos no Atlántico Norte e que hoxe en día continúa facéndose en países coma Xapón, é algo onde, como di o propio Torres, «hai que pór orde». Ademáis, o artista resalta a importancia do futuro que deixaremos aos nosos fillos, unha realidade que depende do home e da relación que éste manteña co seu entorno. De la mer de la mer, instalada na sala central de acollida do Museo, permanecerá aberta ata o mes de marzo.

  • Un artista comprometido

Baltazar Torres, que na actualidade imparte clases de debuxo na Facultade de Belas Artes da Universidade do Oporto e na Escola de Arte da Universidade Católica Portuguesa, comezou a súa traxectoria expositiva a comezos dos noventa, cando realiza a súa primeira mostra en solitario na Galería Módulo do Oporto e Lisboa. A partir do ano 1996 comezou a traballar con pequenos formatos cheos de simbolismo e ironía, primeiro en pintura e posteriormente nas instalacións. É a través da sinxeleza e o minimalismo das súas maquetas onde queda de manifesto o seu compromiso coa sociedade e a súa procura constante dunha humanidade que “parece perdida”. Actualmente son varias as coleccións que contan con obras súas, como a do Centro de Arte Moderna da Fundación Calouste Gulbenkian de Lisboa, o Círculo de Artes Plásticas de Coimbra, o Centro Galego de Arte Contemporáneo –CGAC- de Santiago de Compostela, a Fundación Coca-Cola de España ou a Fundación Salomón de Francia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.