Vigo al minuto

O novo Plan E, con 17 millóns, adicarase a garderías, humanizacións e novos espacios cidadás

As rúas volverán a levantarse.
As rúas volverán a levantarse.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, detallou este martes parte dos proxectos que o Concello presentará ao novo Plan E do goberno de España, un total de 17,4 millóns de euros para humanizacións, garderías, espazos verdes e centros culturais e deportivos, entre outros.

O rexedor local salientou que as melloras abranguen o saneamento, o abastecemento, as reformas viarias e trece novas humanizacións. A este respecto, Caballero citou a humanización da primeira fase de Tomás Alonso (1,2 millóns de euros); de Padre don Rúa e Bolivia (1,7 millóns); Doutor Cadaval, Lugo e Perú (831.000 euros); López Mora (3,6 millóns a executar en dúas fases simultáneas); Pi i Margall (3,1 millóns tamén en dúas fases); Santo Domingo, Condesa Bárcena e San Salvador (1,4 millóns); Pizarro (2,1 millóns); e Celso Emilio Ferreiro (775.000 euros), que inclúe unha nova rotonda no cruce con Venezuela.

Xunto as humanizacións, o alcalde indicou tamén que o Concello proxecta a construcción de dúas novas garderías, en Tomás Alonso e en Casiano Martínez, por un valor de 200.000 euros cada unha. Ambas sumaranse á de Mestres Goldar, que o Concello xa está a adaptar para comezar a operar o próximo curso.

Ademais, o Concello tamén reformará o parque frontal do cemiterio de Pereiró, con 300.000 euros de investimento; realizará a canalización de augas pluviais en Santa Cristina, cun orzamento de 240.000 euros; e mellorará os xardíns do Castro (300.000 euros), a Alameda de Bembrive (350.000 euros) e o carril bici da rúa Castelao (290.000 euros).

Abel Caballero informou asemade da construción dun campo de deporte para maiores en Valadares, próximo ao centro cultural, con 200.000 euros de investimento; unha escola de música no chalé Agarimo, en Beade, por valor de 150.000 euros; e un centro de música en Valadares, con 250.000 euros.

Para rematar os proxectos anunciados este martes, o alcalde sinalou que o Concello destinará 200.000 euros para a instalación de pasos de peóns resaltados en distintos puntos da cidade. En total, os 21 proxectos totalizan 17,4 millóns de euros de investimento dos 32 que lle corresponden á cidade dentro do Fondo Estatal de Investimento Local do goberno de España para 2010.

O rexedor socialista asegurou que estas decisións de investimentos representan unha «forma moi coherente e axeitada de utilización do Fondo», e avanzou que no prazo aproximado dun mes podería iniciarse o proceso de contratación das devanditas obras.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.