Hoxe ás 8 da tarde na Igrexa Parroquial de Santa Mariña de Cabral, a Asociación Cultural «O Coto» organiza o seu IV Coto Clásico Nesta cuarta edición será o trío «Tempo Primo» o que deleitará aos asistentes cun magnífico concerto de música clásica. «Tempo Primo» está contituído por Fabio Salgado Hermida (violín), David López López (viola) e Javier Alonso Pérez (violoncello). Neste concerto tocarán obras de Schubert, Vivaldi, Haydn e Beethoven.Despois do éxito musical e de público asistente das anteriores edicións; O Coto agarda a presencia de todos aqueles amantes da música clásica neste concerto a celebrar no marco incomparable da Igrexa Parroquial de Cabral afamada ademais pola súa acústica.
