Vigo al día

Espacio Atlántico creará unha colección de arte propia que se quedará no MARCO

espacio_atlánticoA cuarta edición da feira “Espacio Atlántico”, será unha convocatoria totalmente renovada e que impulsa a súa relación coa cidade. A feira, que se celebrará no IFEVI do 14 ao 17 de xaneiro está “xa totalmente consolidada” segundo afirmou o tenente de alcalde, e presenta como novidade a creación dunha colección de arte propia, que será depositada no museo Marco.

 A cesión das obras da colección Espacio Atlántico ao Marco é unha importante contribución ao legado artístico desta cidade”, destacou o tenente de alcalde na presentación da feira, na que tamén participaron o director xeral de Promoción e Difusión de Cultura, Francisco López Rodríguez, a directora da feira, Marta Scarpellini, e o seu director artístico, David Barro, e o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo BreaDomínguez lembrou que esa relación tamén se amosa no feito de que destinará o 15% da recadación da entrada á Fundación IgualArte, que traballa con persoas con discapacidade no ámbito da arte.

 

Integrar a Vigo no mercado mundial do Arte

A directora de Espacio Atlántico, Marta Scarpellini, destacou que a feira afonda na relación coa cidade e co museo Marco co obxectivo de que Vigo “forme parte deste acontecemento” Ao respecto indicou que o catálogo da feira inclúe unha guía de Vigo, na que se recollen distintos aspectos da cidade como unha introdución histórica, información sobre a arquitectura, as rutas que se poden realizar, e diversa información relacionada co lecer.

 O director xeral de Promoción e Difusión de Cultura, Francisco López Rodríguez, sinalou que dende a Consellería de Cultura considerouse importante apoiar Espacio Atlántico porque “xa dende que nos presentaron o proxecto comprobamos que se trataba dunha feira que procura a excelencia organizativa garantindo a calidade”. Ademais, destacou que a feira busca “situar Vigo e a Galicia no centro do mercado mundial da arte”.

 

A ilusión que Marta Scarpellini e eu tiñamos hai catro anos é agora unha realidade e os nosos propósitos están practicamente conseguidos”, concluiu o tenente de alcald

También te puede interesar