Vigo al minuto

Haberá carril-bici por onde hoxe pasa o tren

O alcalde quere levalo carril ata Samil e Coruxo.
O alcalde quere levalo carril ata Samil e Coruxo.

O futuro corredor verde que substituirá ás actuais vías do tren incorporará carril bici. A excavación do túnel do acceso ferroviario dende Redondela ata a estación de Urzáiz permitirá levantar as vías e habilitar alí un amplo espazo verde. Ademais, Caballero informou á entidade ‘A Golpe de Pedal’ do proxecto a medio plazo de instalar carril bici no eixo Travesas-Samil-Coruxo.

O rexedor local asegurou que estudia accións que potencien o emprego da bicicleta en Vigo, sempre compaxinado coa seguridade viaria. A este respecto, Caballero expúxolles este proxecto no corredor verde, que completarase co futuro carril bici desde a zona das estacións ata a praza da rúa Coruña, que circularía pola superficie da Avenida de Beiramar cando esta sexa peatonalizada.

Por outra banda, o alcalde indicou que o Concello está a desenvolver o planeamento da marxe dereita da Avenida de Castelao ata Samil, onde está prevista a construción dun carril para as bicicletas. O futuro Samil, que debuxarase en conxunto co Ministerio de Medioambiente, tamén incluirá carril bici, que alongarase ata Coruxo, completando o eixo Travesas-Samil-Coruxo.

También te puede interesar