Deportes Vigo al día

Á venda as entradas para a Supercopa de España nas Travesas

Imagen del sorteo de los partidos.
Imaxe do sorteo dos partidos.

As entradas para a Supercopa de España de fútbol sala, que se disputará os vindeiros días 7 e 8 de este mes (xoves e venres) no pavillón central do IMD das Travesas, poranse á venda esta mesma tarde nos despachos de billetes do complexo deportivo municipal vigués. A organización fixou uns prezos populares de 6 euros para a xornada de semifinais e de 10€ para a final. Ademais, o abono para ver as dúas xornadas será de 12€. Os menores de 15 anos poden entrar de balde presentando o DNI ou documento acreditativo da idade ata completar aforo.

A organización tamén pensou no público local: o afeccionado que teña carné Siareiro Elite desta tempada 2009/10 poderá retirar no despacho de billetes unha entrada cada xornada de forma gratuíta, coa presentación do carné e do DNI. Esta oferta realizarase só ata completar o aforamento. O pavillón das Travesas ten capacidade para 3.300 espectadores sentados.

 
As semifinais da Supercopa, o xoves, son: El Pozo Murcia Turística-FC Barcelona (18:00 horas) e Inter Movistar-Xacobeo 2010 Lobelle Santiago (21:00). A final entre os gañadores das semifinais, o venres ás 21:00 horas. 
O horario de despacho de billetes é o seguinte:

Data Horario de mañá Serán
Luns 4 – 17:30-20:00
Martes 5 11:30-13:30 –
Mércores 6 – –
Xoves 7 11:30-13:30 Dende as 16:30
Venres 8 11:30-13:30 Dende as 19:00

También te puede interesar