Vigo al minuto

O Goberno investirá 36 millóns no porto de Vigo, 4 menos que en 2009

Entre las obras proyectadas se contemplan dos túneles
Entre las obras proyectadas se contemplan dos túneles

En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, o Goberno Central informa de que o Porto de Vigo investirá o vindeiro ano 36,33 millóns de euros, case catro menos que no ano 2009. 

Dentro das principais actuacións contempladas están a ampliación dos peiraos comerciais (11 millóns de euros); actuacións para tráfico de cruceiros (9,18 millóns de euros); a Plataforma Loxística PLISAN (4,69 millóns); o desenvolvemento da terminal intermodal (3,95 millóns); investimentos xenéricos e menores (6,97 millóns) e ampliación do PIF ( 200.000 euros). 

En canto á orixe dos fondos, un dos aspectos sobre os que solicitaba información a deputada do BNG, a resposta do Goberno limítase a informar de que o Plano de Empresa 2010 da Autoridade Portuaria de Vigo contempla axudas comunitarias de Fondos de Cohesión de Programa Comunitario 2007-2013 para o cofinanciamento da ampliación dos peiraos comerciais e para o desenvolvemento da Terminal Intermodal de Bouzas. 

Ademais, outras actuacións previstas a executar polo concello de Vigo dentro do Plano de Empresa 2010 da Autoridade Portuaria de Vigo son o Túnel entre a rúa Coruña e Bouzas, previsto para executar no período 2011-2013; o Túnel Casa Mar; previsto para realizar no período 2011-2012.

También te puede interesar