Vigo al día

O alcalde que inaugura hoxe a rúa Zamora, falou das humanizacións no Cumio de Copenhague

Caballero CopenhagueAbel Caballero, acudiu este mércores a Copenhague onde instou aos municipios do mundo e ás organizacións que os representan a que apoien a posición europea no Cume sobre cambio Climático. O alcalde afirmou que o éxito deste cume pasa por que esta posición salga adiante e expresou o seu apoio ao papel do Goberno español nas negociacións, porque neste momento é Europa, con España á cabeza, a que lidera o cume.

O rexedor resaltou que o Goberno español xa está na troika de países que precede á presidencia europea e que conxuntamente con Noruega estase adoptando unha posición conxunta nesta transición.

Humanizacións

Caballero, que hoxe inaugura a humanización da ríua Zamora, incidiu na súa intervención, como avanzou onte martes, no proxecto de cidade humanizada de Vigo, pois é un “modelo de cidade ecolóxica”, con boas redes de separación de augas pluviais e fecais, abastecemento, rede tecnolóxica soterrada, máis verde e cunha “nova dimensión do tráfico peonil e rodado”.

 As humanizacións cumpren co novo modelo de cidades sostibles, urbes de carácter policéntrico que facilitan as xestións diarias e os desprazamentos curtos da cidadanía, evitando ao tempo o emprego do vehículo. “Estamos a construir un Vigo con varios centros”, recordou onte o alcalde, como un xeito de loitar contra o cambio climático.

Axenda Sen Coche

Abel Caballero aproveitou a súa presenza na COP15 para lanzar a proposta de que os Rexedores locais deixen o coche oficial e acudan aos actos públicos utilizando os medios de transporte público ou por outros medios, excluíndo o vehículo de automoción.

Segundo esta proposta, trátase que os Alcaldes e Alcaldesas españois prescindan de coche, tanto oficial como privado, para desprazarse aos actos que decidisen e que serían identificados nas súas axendas coas siglas SC (sen coche). Caballero explicou que con esta medida preténdese incentivar que os cargos públicos non utilicen vehículos e que se manifesten claramente a favor dun transporte máis sostible e menos contaminante. Unha acción que a Rede Española de Cidades polo Clima quere, ademais, que se estenda a outros cargos autonómicos e estatais.

 

También te puede interesar