Curiosidades Vigo al minuto

Os nenos de Redondela falarán con Papa Noel dende Laponia por videoconferencia

Papa Noel en Laponia.
Papa Noel en Laponia.

Os nenos de Redondela poderán falar con Papá Noel a través de videoconferencia dende o telecentro de comunicación do concello. O Centro Multimedia de Galicia aproveita estas datas para brindar aos nenos da localidade a oportunidade de manter unha videoconferencia con Papá Noel na que poderán pedirlle os seus regalos. A cita será o próximo venres ás 11.30 horas.

Dende Laponia e en tempo real, Papá Noel atenderá en directo as preguntas e demandas de todos os nenos que se acheguen para falar con el ao telecentro de comunicación do concello. Trátase dunha iniciativa máis da campaña Comunícate coa que o Centro Multimedia de Galicia pretende dar a coñecer todas as posibilidades que ofrecen os telecentros de comunicación.

A través desta campaña preténdese converter os telecentros de comunicación (TC) en puntos de referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, de formación e de promoción do audiovisual galego.

O TC de Redondela é un servizo público e gratuíto para todos os cidadáns financiado pola Secretaría Xeral de Medios en colaboración co concello. A Secretaría Xeral de Medios colabora coa dotación e instalación de equipos audiovisuais e multimedia, así como co seu mantemento tecnolóxico.

Asociacións e colectivos de todo tipo poden utilizar este telecentro de comunicación para realizar cursos, roldas de prensa, videoconferencias, reunións de traballo, etc…

También te puede interesar