Nova alerta laranxa no litoral galego

Ímos alerta laranxa tras alerta laranxa...
Ímos alerta laranxa tras alerta laranxa...

A Dirección Xeral de Emerxencias vén de emitir un aviso de alerta laranxa no litoral galego por mar de fondo, a partires das primeiras horas da madrugada de mañá mércores, día 9 de decembro.

A Axencia Estatal de Meteoroloxía informou dun episodio de meteoroloxía adversa por fenómenos costeiros de nivel laranxa que afectará a todo o litoral da Comunidade Autónoma a partir das 3.00 horas de mañá.

Agárdase que o mar de fondo do Noroeste chegue a superar os 5,5 metros nas zonas do oeste e noroeste da provincia da Coruña e os 5 metros no resto do litoral da Comunidade Autónoma, tendendo a diminuír ao longo da mañá do xoves día 10.

Ante estas predicións, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, dependente da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, advertiu da necesidade de adoptar as medidas preventivas necesarias e no seu caso alerten ou mobilicen aos medios e recursos dispoñibles.

También te puede interesar