Deportes Destacados

Marcos García e Beatriz Gómez gañan o Trofeo de Nadal

Un momento do Trofeo
Un momento do Trofeo

Ás 20.30 horas de onte clausurábase na piscina climatizada do Real Club Náutico de Vigo a vixésimo terceira edición do Trofeo Nadal de Natación – Alejandro Febrero, torneo que leva o nome do primeiro nadador Olímpico do Club.

O torneo levouse a cabo en dúas sesións que comezaron ás 11:00 e 17:30 respectivamente, dandose cita máis de 350 nadadores de 17 clubs diferentes que converteron esta edición na de maior participación na historia do Trofeo de Nadal.  No que fai aos premios, con 4.620 euros en xogo, os tres nadadores con maior puntuación na clasificación masculina eran Marcos García Soto (CN Ferrol), Luis Leiro Álvarez (RCN Vigo) e Daniel Caamaño Gómez (Pavillón Ourense); mentres que na clasificación feminina a gañadora do Trofeo Nadal era Beatriz Gómez Cortés (CN Galaico), seguida de Raquel Martínez Canosa (CN Coruña) e Aurora Pérez e Fernández (CN Coruña). Todos eles recibían bonos del Corte Inglés de 300€, 150€ e 75€ respectivamente.

Ademais, este torneo é un dos mellores dotados en premios individuais, cun total de: 60€, 30€ e 15€ en efectivo para o primeiro, segundo e terceiro clasificad@ en cada unha das 34 probas individuais e, tamén en efectivo, 50€ para os nadadores/as que conseguían batir mellor marca do Trofeo, entre eles os dous vencedores do Trofeo con tres records de campionato cada un.

A piscina do Náutico de Vigo presentou un cheo absoluto durante todo o día, con numeroso público observando o desenvolvemento das probas. Para os moitos nadadores do territorio galego que participaron esta previa é de gran importancia, debido á proximidade dos Campionatos Galegos Absolutos a celebrar este mes de decembro en Santiago.

También te puede interesar