Vigo al minuto

Discapacitados por un día

Superpiñeiro estivo esta mañá en cadeira de rodas.
Superpiñeiro estivo esta mañá en cadeira de rodas.

Caras coñecidas como a deportista Pilar Valero, o presentador Superpiñeiro, a xornalista Noelia Otero e o concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, comprobaron hoxe , en carne propia, a dificultade que entraña estar en cadeira de rodas. Asemade, leuse un manifesto a cargo de catro persoas con distintas discapacidades para celebrar o Día Mundial da Discapacidade

A concelleira do BNG afirmou que o goberno municipal aposta por que esta cidade ”sexa cada día máis accesible e máis humana”, para o cal se poñen en práctica actuacións concretas, como o investimento este ano de 2.165.000 euros na eliminación das barreiras arquitectónicas de diferentes dependencias municipais. Ao respecto salientou que o de Vigo é o concello que máis cartos ten investido para acadar este fin dentro do Fondo Estatal de Investimento Local (FEIL).

Precisamente, este luns deu comezo a campaña “10 formas de facer Vigo… máis accesible”. Tanto Pilar Valero, como Superpiñeiro e Noelia Otero salientaron a dureza que supón facer un traxecto en cadeira de rodas, pese a non ter ningunha discapacidade e as dificultades que se atoparon no camiño, como a existencia de barreiras arquitectónicas para acceder aos establecementos comerciais. Os tres coincidiron tamén en afirmar que as actuacións da Concellería de Benestar Social representan un avance importante, “pese a que queda moito por facer”, sinalou Noelia Otero. Pilar Valero destacou a necesidade de que toda a cidadanía tome conciencia da necesidade de potenciar a accesibilidade mentres que Superpiñeiro recomendou vivir esta esperiencia a todas as persoas. Lembrou asemade que “calquera de nós en calquera momento pode pasar pola situación ir en cadeira de rodas”.

A lectura do manifesto, asumido pola Concellería de Benestar Social e as asociacións de Persoas con Discapacidade de Vigo, correu a cargo de catro persoas con distintas capacidades. A persoa con discapacidade física, Xoán Carlos Sánchez, destacou que as persoas que as persoas con discapacidade e as súas familias son un grupo social “con especial risco de sufrir os efectos dunha situación económica tan adversa como a actual”. Respecto ao emprego, sinalou que as persoas con discapacidade “tardan máis en sentir os efectos da expansión económica, e son as primeiras en sufrir as consecuencias do deterioro do emprego”.

A persoa con discapacidade intelectual, Aurelio Rojo, sinalou que todas as asociacións de persoas con discapacidade “instan aos poderes públicos a aplicar de xeito urxente as medidas expostas desde a discapacidade organizada” destinadas a manter os niveis de emprego anteriores á crise para acadar a inserción laboral. 
A persoa cega, Blas Vázquez, fixo lectura do texto en braille e reclamou que as persoas con discapacidade teñan acceso a variedade de servizos que permitan “escoller libremente a forma de vida”, favorecendo a posibilidade de permanencer no contorno habitual. Salientou tamén que son as mulleres con discapacidade ás persoas ás que presentan unha maior sensibilidade ás “consecuencias adversas da crise” polo que solicitou das o incremento dos recursos e apoios para que as mulleres con discapacidade podan ser “autónomas economicamente”.

A persoa xorda, Tane, criticou a redución de investimentos dos sociais por parte dos poderes públicos e fixo un chamamento “para que as solucións globais á crise teñan en conta as políticas inclusivas”, recoñecendo a diversidade como valor en si mesmo para construír unha “sociedade aberta á inclusión de todas as persoas que a conforman”.

También te puede interesar