Destacados Vigo al minuto

Alfonso Rueda asegura en Vigo, acompañado de Ayuso, que ten “ganas de gañar”

Pediu o voto para que Galicia siga o seu camiño sen impedimentos

Alfonso Rueda asegura en Vigo, acompañado de Ayuso, que ten "ganas de gañar"

O candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, asegurou onte en Vigo, acompañado pola preesidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, que ten “ganas de gañar” e non polo mero feito de acadar o triunfo, senón porque é consciente do “moito que hai en xogo” e porque quere que Galicia poida seguir o seu propio camiño sen escusas nin impedimentos.

Galicia “con voz propia en España”

Explicou que quere unha Galicia na que non sexa necesario “separar aos galegos entre bos e malos en función do que pensan”, para defender a súa identidade e ter “voz propia en España” e, do mesmo xeito, unha Galicia que “siga sendo como é sen que ninguén nos diga como temos que ser”.

Alfonso Rueda en Vigo

Minorías que queren impoñerse á maioría

Referiuse así á “esas minorías que queren impoñerse á maioría coa complicidade dun PSOE ao que lle da igual quen goberne Galicia e fixo un chamamento aos votantes socialistas “desencantados, alucinados e descontentos porque non recoñecen ao que foi o seu partido“.

A todos eses votantes do PSOE que non entenden a renuncia aos seus principios só para que o seu xefe de filas siga no seu asento, que senten que as cousas poden ser doutra maneira e que non queren separatismos en Galicia, dígolles que poden confiar en nós, afirmou reivindicando que quere seguir sendo “o presidente de todos e cada un dos galegos”.

“Sentidiño e sensatez”

Ante unha audiencia dunha 1.000 persoas, Alfonso Rueda ofreceuse para “seguir gobernando con sentidiño e sensatez, sen crear problemas novos e sen perder o tempo en discusións” e reivindicouse como bo xestor porque “xa hai de sobra na esquerda xente que non xestiona, que inventa un problema para cada solución e que só entende a política desde a crispación e o enfrontamento”.

Asegurou que este domingo “hai que elixir entre a unión fronte a ruptura, entre as solucións fronte aos problemas e entre o cumprimento da palabra dada fronte aos quen farán todo o que dixeron que non farían e renunciarán a todo o que dixeron que non renunciarían“.

Rueda, Tapies e Ayuso, en Vigo

“Ver o que fixemos e mirar cara adiante”

O partidismo non leva a nada, pero a experiencia si“, engadiu facendo un chamamento a “ver o que fixemos entre todos, mirar cara adiante e superarnos a nós mesmos”. Por iso, na recta final da campaña, o líder populares galegos remarcou que non vai renunciar a seguir facendo balance de todo o feito e a seguir facendo propostas onde outros só fan descualificacións.

Apostou así por seguir axudando ás familias con medidas como a gratuidade das escolas infantís ou das primeiras matrículas universitarias, por seguir mellorando a sanidade pública e por “tomar medidas desde o primeiro minuto”.

Imposto de sucesións

Comprometeuse así a que nos seus primeiros 100 días de goberno rebaixará o imposto de sucesións aos herdeiros colaterais, permitirá que as mulleres que queiran optar pola fecundación in vitro poidan facelo ata os 45 anos e poidan ademais conxelar os seus óvulos sen necesidade de ter ningunha patoloxía, continuará completando o calendario de vacinación infantil e comezará a ampliación do parque de vivenda pública.

Seguirá apostando así mesmo por mellorar as infraestruturas de Galicia con feitos e non, como fan outros, “baixando dun tren cos Reis Magos, nin bicando locomotoras, nin escusándose en estudos medioambientais e publicacións no BOE para ocultar a súa inacción”.

También te puede interesar