Música y Cine

‘Pedro e o capitán’ de Pablo Iglesias xa ten o Bronze Palm Award

Narra unha historia con dous únicos personaxes protagonistas, un militar torturador e un preso político torturado, que levan adiante un diálogo imposible. Os catro actos nos que se divide o filme, están situados nunha sala de interrogatorios. É unha historia dun conflicto que vai máis alá do meramente ideolóxico.

O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu hoxe en San Caetano ao director e guionista da longametraxe “Pedro e o capitán”, Pablo Iglesias, e a Isaac Díaz Pardo, quen participou nas localizacións para a rodaxe do filme, quenes lle fixeron entrega do premio Bronze Palm Award recibido pola película no Festival Internacional de Cine de México. Roberto Varela agradeceu este xesto de recoñecemento ao apoio prestado ao cinema galego pola Consellería de Cultura, xa que a película contou cunha subvención de 35.000 euros. Segundo o conselleiro, “Pedro e o capitán” é un exemplo do audiovisual galego “.

Pedro-e-o-capitan “Pedro e o capitán”, escrita e dirixida por Pablo Iglesias, foi producida por Ledesma Producións cun orzamento inicial de 100.000 euros e rodada exclusivamente con medios dixitais. Trátase da adaptación dunha novela de Mario Benedetti que ten sido seleccionada por numerosos festivais internacionais: Festival de Porto, Festival das Amércias en Texas ou o Festival Internacional de México. Foi o único filme galego na Sección do Festival de Cine de Ourense, no que Miguel de Lira gañou o premio ao mellor actor protagonista. O premio Bronze Palm Award do Festival Internacional de Cine de México chegou agora a Galicia despois de que o equipo da película non puidera viaxar a América para recibilo por mor da gripe A.

 A produtora Ledesma foi fundada en 2007 por Pablo Iglesias, marcándose como liña de traballo a realización de historias feitas en Galicia pero con vocación internacional. Entre os seus últimos proxectos teñen rematado o documental “X.N.V., memorias dun emigrante” sobre a figura de Xosé Neira Vilas e están a producir a longametraxe “A noite equivocada”

También te puede interesar