RGPD - Cookies
Comarcas

Tui fai o Camiño de Santiago por Facebook

Perfil en Facebook do Camiño
Perfil en Facebook do Camiño

O Concello de Tui prepárase para a chegada do Ano Santo e dos turistas que este atraerá á cidade nos vindeiros meses.
Tras detectar un importante déficit de información útil e necesaria para os
peregrinos e camiñantes, o Concello leva a cabo nestes días diversas accións
para darlle un pulo á promoción turística do Camiño de Santiago na nosa cidade. Unha das primeiras actuacións nas que se está a traballar é o
aproveitamento das ferramentas que a Web pon á disposición dos usuarios e
que se están a converter recentemente en foros fundamentais para o trasvase de información entre os usuarios de Internet. Destaca o pulo que están a ter redes como Facebook. Este tipo de redes, pola súa natureza, son idóneas para o tratamento da información turística.

Este tipo de redes, pola súa natureza, son idóneas para o tratamento da información turística. Neste liña de traballo o Concello de Tui ten presentado esta mañá o perfil de Facebook “Tui Camiño de Santiago”, acto no que participaron Moisés Rodríguez, concelleiro de cultura, Rafael Sánchez e Cristina Sanjurjo, técnicos da concellería.

Relación home-muller 100% positiva
O sevillano Antonio Benítez Barrios é o gañador do certame fotográfico “Relación home-muller 100% positiva” convocado pola Concellería de Muller e Servizos Sociais do Concello de Tui co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero.  Antonio Benítez presentou unha serie de tres fotografías baixo o lema “Algunas Parejas” que o xurado eloxiou pola súa calidade. O premio foi para a terceira fotografía desta serie na que se retrata a unha parella ao final da súa vida nun anden de metro onde mentres el toca o violín ela lle suxeita a partitura.  Coma premio recibirá 350€ en metálico e dúas noites de estancia no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

Foto gañadora do concurso
Foto gañadora do concurso

También te puede interesar