Vigo al minuto

O Casco Vello recupera San Francisco e Poboadores

PoboadoresO tenente de alcalde salientou a fonda transformación que experimentaron estas dúas rúas tras as obras e a renovación do alumeado, o pavimento e os servizos públicos. Actuouse sobre unha superficie de 2.325 metros cadrados, cun investimento superior aos 915.000 euros. «O que eran estas rúas e o que son hoxe«, sinalou, lembrando o «pouco atraínte» que era transitar por elas. Destacou que o «traballo para a xente» que impulsa o Concello no Casco Vello materializouse na mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas.

As rúas Poboadores e San Francisco contan tamén con novas canalizacións soterradas, «exemplo claro das actuacións que queremos facer», explicou Santiago Domínguez, así como a instalación de gas. «Estamos nun proceso de renovación completa do Casco Vello, por arriba e por abaixo, do que se ve e o que non se ve«, afirmou.

O tenente de alcalde indicou que a inauguración de hoxe é un paso previo ao «colofón final» que terá lugar o vindeiro 2 de decembro, coa inauguración do eixo Porta do Sol-Elduayen-Paseo de Alfonso. «Pero a partir do día 2 non imos parar porque os orzamentos do ano que vén contemplan a renovación do mirador da Porta do Sol e a reforma das rúas que faltan», anunciou.

E ademáis: O Partido Popular denuncia que as obras son agresivas e un despilfarroChegan os homes de Santi; Microbuses eléctricos para moverse polo Casco Vello; Ataque al botellón na zona histórica

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.