Comarcas Vigo al minuto

Incorporan ao Hospital do Salnés como centro asociado á Universidade e estudian o CHOU de Ourense

A Universidade de Vigo impartirá Enfermaría  e fisioterapia no Hospital do Salnés
A Universidade de Vigo impartirá Enfermaría e fisioterapia no Hospital do Salnés

A comisión mixta Sergas-Universidade de Vigo acordou incorporar o Hospital do Salnés como centro asociado á Universidade de Vigo para impartir formación nas áreas de fisioterapia e enfermaría. Na xuntanza, que tivo lugar  en Santiago de Compostela, ambas partes acordaron tamén estudar a petición do Complexo Hospitalario de Ourense, CHOU, e a súa declaración como hospital universitario dependente da institución académica viguesa.

Neste encontro, que contou coa participación do reitor e da conselleira de Sanidade, os representantes da Universidade manifestaron o seu desexo de que o nomeamento de prazas de profesor asociado clínico (PAC) se resolva a satisfacción do Servizo Galego de Saúde e dos profesionais, ben aceptado que estes sexan adscritos á Universidade de Santiago de Compostela (USC) ou ben que sexan adscritos formalmente á USC e oficialmente á Universidade de Vigo, sempre que o acordo sexa o mesmo para as tres universidades.

  • Compromiso para desenvolver a figura do colaborador docente

Con miras a alcanzar este obxectivo dende a Universidade de Vigo fíxose fincapé na necesidade de desenvolver antes do 2010 a figura do colaborador docente, tal e como require o acordo asinado en maio de 2008 entre a Universidade e as consellerías de Sanidade e Educación e, nesta liña, solicitou que se manteña este compromiso no nomeamento de 15 prazas de PAC da convocatoria en marcha, é dicir, no ámbito temporal deste mesmo curso.

En relación as convocatorias de profesores para o próximo curso (2010-2011), reclamou que se realicen en base a esta figura do colaborador docente, e que se acorden mecanismos de participación da Universidade e do Servizo Galego de Saúde nos sistemas de selección das mesmas.

A Comisión non se reunía dende o 14 de febreiro de 2005, polo que as dúas partes se felicitaron pola recuperación da normalidade das reunións deste órgano, que debe ser o marco onde se aborden temas que afecten ás dúas entidades no eido da formación de fisioterapia e enfermaría, segundo se establece no convenio asinado entre ambos organismos no ano 2001.

Ademais do reitor, Alberto Gago, e a conselleira, Pilar Farjas, a reunión tamén contou coa participación dos vicerreitores do campus de Ourense, Juan Francisco Gálvez, e de Organización Académica e Profesorado, Antonio García Pino, e da xerente do Servizo Galego de Saúde, Rocío Mosquera, entre outros representantes de ambas institucións.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.