RGPD - Cookies
Galicia

Galicia Bilingüe asegura que os atrancos para empregar o castelán non diminuiron co goberno Feijóo

A asociación recibiu o ano pasado 1.070 queixas e 982 no que vai de 2009. A meirande parte delas son polas dificultades que atopan os alumnos para empregar o castelán no colexio.

Galicia Bilingüe ven de informar que recibe as mesmas queixas pola “falla de liberdade na eleccion da lingua nas escolas galegas que hai un ano”. Aínda que recoñece que a súa meirande implantación podería producir un incremento das mesmas, a asociación asegura nun comunicado que os alumnos seguen a atopar atrancos para empregar libremente o castelánson cuestións que a comunidade educativa agardaba que estivesen xa resoltas hai semáns”.

Gloria Lago é presidenta de Galicia Bilingüe
Gloria Lago é presidenta de Galicia Bilingüe

O ano pasado recibiu 1.070 queixas e no que vai deste, 982

. Galicia Bilingüe sinala nunha nota que dende a chegada de Núñez Feijóo á Presidencia da Xunta, o volumen máis notable de queixas “preto dun 60%” refírese á imposibilidade de empregar os libros de texto en español o facer uso deste idioma para falar cos profesores ou contestar ós exames.


También te puede interesar