Vigo al minuto

O alcalde, que inaugurou a rúa Zaragoza, falará das humanizacións de Vigo na Cumbre de Copenhague

 

 

Abel Caballero con los concelleiros Santos Héctor, Isaura Abelairas y Carlos López Font
Abel Caballero con los concelleiros Santos Héctor, Isaura Abelairas y Carlos López Font

O alcalde de Vigo levou a cabo a «inauguración simbólica» da humanización da rúa Zaragoza, que calificó coma «un cambio excepcional, coa máxima calidade» que prioriza os peóns, mellora o tráfico e fortalecerá o comercio.

A humanización de Zaragoza tivo un custo de case 700.000 euros nun «núcleo clave» da cidade, o entorno de POVISA, que estase a converter nun «novo centro». Esta é «unha nova forma de facer cidade», máis «amable», que está a conseguir que a cidadanía tome as rúas, indicou Abel Caballero.

O alcalde salientou que este proceso de humanizacións continua e reseñou que as melloras teñen «data de inicio e de finalización» que estanse a cumprir. Caballero agradeceu asemade a paciencia dos veciños durante os meses de duración das obras.

 

O modelo de humanización de Vigo, á cumbre de Copenhague

Caballero referiuse, tamén, a súa asistencia á cumbre climática de Copenhague, «na que represento aos municipios españois dende a presidencia da Rede Española de Cidades polo Clima», que está chamada a selar os acordos internacionais posKioto e á que levará o modelo de humanizacións vigués nunha ponencia dentro da delegación española.
 
 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.